Con TuxMath pódense traballar as matemáticas dunha forma lúdica É enormemente divertida. Exponse como un xogo, onde Tux será quen dispare sobre as operacións matemáticas que van aparecendo, sempre que se escriba ben o resultado. Ten varios niveis de dificultade así como a posibilidade de elixir o tipo de operacións a practicar, que van desde simples sumas á división de números positivos e negativos, pasando polas táboas de multiplicar, divisións e restas. Para poder elixilas hai que acceder a Play alone> Academia de adestramento de matemáticas e seleccionar o tipo de operación.
Descargar programa tux math 1.7 para windows 64 bites
Prema na ligazón Tux, of Math Command para abrir o recurso.